Sunday 08 de September de 2024

O alumnado do CEIP Cabo da Area de Laxe aprende a como actuar en caso de incendio


O alumnado do CEIP Cabo da Area de Laxe viviu unha xornada de aprendizaxe sobre como actuar en caso de incendio no centro educativo.

Os alumnos e alumnas das diferentes clases saíron, cada un co docente correspondente, de maneira ordenada e con rapidez, dúas das normas básicas en caso de producirse unha alerta real.

Este simulacro, no que tamén participou o alcalde, Francisco Charlín, desenvolveuse en colaboración coa Policía Local e Protección Civil de Laxe e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Ponteceso.

Tras a evacuación do centro, o alumnado puido contemplar, no patio, como funcionan os mecanismos de emerxencia: mangueiras dos camións, serea, vehículos, etc.

O rexedor quixo agradecer a colaboración dos servizos de emerxencias “por participar neste tipo de iniciativas e traladarlles aos máis pequenos e pequenas, dunha maneira tan dinámica e activa, como deben actuar en caso de emerxencias”.